Blog para o Departamento de Artes Plásticas e audiovisuais do IES MARÍA SOLIÑO

Este blog será administrado polos profesores integrantes do departamento de Artes Plásticas do IES María Soliño de Cangas do Morrazo como un blog colaborativo.

O membros do departamento cuia xefatura vai rotando ano a ano desde o 2003 somos:
Carlos del Valle, Alberto Pena Rey e Joseba García Plazuelo.
Grazas as aportacións dos membros deste departamento contamos con variadas exposicións de traballos e obras do alumnado desde a implantación do bacharelato de Artes en Galicia. A primera exposición foi organizada por Alberto e Carlos no ano 2001. Os blogs de Joseba que formou parte do departamento a partir do ano 2003 ofrecen os seus contidos das materias e proxectos que imparte desde o ano 2009. Serviron para publicar as exposicións coordinadas rotativamente polos integrantes do departamento. A exposición conmemorativa do décimo aniversario organizada por Alberto e as colaboración que cada un de nos facemos con outros departamentos e grazas ás colaboraciós da comunidade educativa do centro. O obxectivo deste blog e facilitar as publicacións dos integrantes do departamento e  establecer mecanísmos de colaboración con outros departamentos que imparten materias propias da modalidades do bacharelato de Artes (artes Escénicas e Música) que desenvolveremos noutro blog que creado para os mesmos obxectivos:    

No presente blog cada un dos membros do seminario de debuxo publicaremos os contidos e experiencias que estimemos oportunas para compartir e mostrar a nosa experiencia docente, os resultados, novas de interese, ligazóns e calquera artígo relacionado coa educación e o ensino das artes plásticas e audiovisuais.

En Cangas a 4 de Abril do 2014
@canalartes